A finais de novembro recibimos unha proposta da ANPA relacionada coa igualdade, a lectura e mesmo co noso proxecto de centro sobre os patios, posto que a actividade é para desenvolverse en diferentes lugares do mesmo.
A proposta foi moi ben acollida polo centro e, en especial, polos titores e titoras, quenes se encargaron de levala a cabo co seu alumnado.
Realizamos 3 tipos de xincana segundo o nivel.
Educación Infantil:
Xincana "crebacabezas". Da carátula dun libro creamos un crebacabezas e as pezas as esparcimos polo patio. Para atopalas, empregaron un mapa do patio onde deixamos diferentes marcas que indicaban os lugares no que estaban agochadas as pezas e, así, lograr cumprir a misión. Logo, procedimos a ler o conto.
Compartimos imaxes da actividade:
Educación Primaria:
Xincana "Pequena e Grande". Consta de 10 pistas relacionadas coa vida e a obra da muller ou home protagonista. A pista número 10 é a que leva á reflexión sobre as profesións e o xénero e a ler o conto.
O alumnado realizou a actividade con grande interese:
Xincana de "Érase dúas veces". Consta de 10 pistas e cada unha está vinculada coa historia narrada, agás a pista 10 que é a que leva á reflexión.
Algúns dos títulos traballados:
Imaxes da xincana:
GRAZAS!
Un gran saúdo e felices festas!
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario