Neste día tan especial a escola da Espiñeira súmase á CAMPAÑA ÚNETE. Posta en marcha en 2008, esta iniciativa das Nacións Unidas propón que de aquí ao 2030 poñamos fin á violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo.
Día Laranxa
Establécese o día 25 de cada mes como “Día Laranxa”, un día para xerar conciencia e pasar á acción. Como cor brillante e optimista que é, o laranxa representa un futuro sen violencia machista. Esta proposta insta ás persoas de todas as partes do mundo a que leven algo de cor laranxa e tomen medidas para poñer fin á violencia en todas as comunidades, no fogar, nos espazos públicos, nas escolas e nos lugares de traballo, durante os conflitos e en tempos de paz.
Por iso ademais de traer unha prenda laranxa, decidimos levar unha PULSEIRA LARANXA, porque todos e todas queremos participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario