Xa temos gañadora
da primeira edición do concurso : “Onde
anda Espiñeiriña?”
E como algúns xa
investigastes estaba na catedral de
Notredame, en París , Francia. Esta catedral foi construída entre 1163 y 1245 (
século XII-XIII) e é, unha das catedrais góticas máis antigas do mundo.
Na fotografía aparezo rodeada de gárgolas, aínda que parezan moi antigas en
realidade as colocaron uns 700 anos despois de rematar a catedral (s. XIX).
A gañadora deste
trimestre foi Candela Graña Valladares, alumna de 3º de E.P. Aquí a vedes moi
contenta cos agasallos: Un diario, un marcapáxinas, un caderno especial da
biblio, e unha mochila estupenda !!
As axudantes da
biblio foron as encargadas de entregarlle o agasallo,e Gabriel de 2º de E.P.
foi a man inocente que sacou a papeleta gañadora entre os que acertaron.
En poucos días
presentareivos un novo reto!!
Animádevos a
participar!!
Agárdovos os martes e os xoves na hora do recreo na biblioteca.
Un bico moi grande para todos!
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario