Bos días a todo o mundo!
Esta escoliña, como fervente lectora que é celebrou este 23 de abril, Día do Libro, dun xeito moi fermoso. Queredes saber que se fixo ese día? Pois mirade...
Unha das propostas foi Trocamos historias que se levou a cabo dende o 22 ao 23 de abril onde as familias e o alumnado traían un libro ou os que desexaran e por cada un traído escollía outro que non lera ou lle gustarán dos que que estaban expostos. En poucas palabras, trocaban unha aventura por outra. Se nese momento non lle gustaba os que habían, o Equipo de biblioteca dáballes un vale que podían trocar ao longo desa semana. A viaxe literaria foi todo un éxito!
Neste sentido, as seguintes tres actividades desenvolvéronse o día 23 de abril, agora mesmo ides descubrilas!
A primeira chamouse A Furgolibro que chegou cargada de literatura! Ana e o caniche, Lagun o libreiro explicáronos a misión da mesma e deixaron espazo para que a rapazada e as familias desfrutaran da súa gran colección.
A segunda levou como nome Retratando. Nela Kristinka conseguiu transmitir as súas dotes artísticas ao alumnado reutilizando follas de libros xa moi deteriorados. Si! foi todo un pracer deixarse levar pola imaxinación ao aire libre no exterior da nasa escola, nunha das zonas de recreo, na cova das rochas.
A terceira consistiu en facer Origami. Nour, coa axuda da nosa auxiliar de conversa Carson, porque soamente falaba en inglés, ensináronos a técnica básica para lograr facer peixes, ras e flores. Todo isto a partir de papeis de libros esquecidos.
Ao rematar este fermoso día, chegou o seguinte con novas propostas! Esta vez coa elaboración dun mural que contén un Tendal literario. Efectivamente, un tendal onde a comunidade educativa pendurou pezas de roupa que conteñen unha mostra variada de títulos de libros de diferentes xéneros literarios e idades. Un bo recurso ao que acudir cando precisemos ler, xa que ademais de ofrecernos un título, podemos saber porque é recomendado.
Así, chegou o final da semana e clausurámola coa visita e colaboración de Sarai Lorenzo quen escribiu e ilustrou Serea e as agullas máxicas, un cómic moi fermoso! Ela impartiu diferentes actividades para todas as nenas e os nenos da escola. Por exemplo as aulas de 1º e 2º de Educación primaria tiveron a sorte de poder elaborar as páxinas dunha historia... porque en Espiñeira apostamos pola creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento.
É verdade! xa esquecía... o Equipo de Biblioteca agasallou á comunidade educativa desta escola cunha chapa onde aparece o logo gañador do noso proxecto de centro.
A seguir viaxando dende o sofá, a cama, o bosque, a praia,... porque calquera lugar é bo para desfrutar dun bo libro, senón preguntádelle a este rapaza!
Espiñeiriña.