17.12.24

GUÍAS DE LECTURA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO MORRAZO

Bo día navegantes:

Como cada ano compartimos con todas e todos vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte.

Este ano decidimos adicar estas guías ás cantareiras e a poesía popular oral debido a que a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día as Letras Galegas deste ano 2025.

Por iso, o texto implícito nelas é una adaptación da canción de Fuxan os ventos "O Estraperlo", facendo fincapé no legado das cantareiras, nos contos e por suposto, na nosa lingua nai...

Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías...

"Recomendaríache un conto

por se mo souberas ler-e

se llo das a ler a outro 

valaivai o ben saber-e"

INFANTIL PRIMARIA SECUNDARIA


Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso CARTEL que inclúe suxestións para INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA E PERSOAS ADULTAS.
 

Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego...

Un saudiño e ata a próxima viaxeir@s!

4.12.24

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano, dende o  DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE programáronse unha serie de actividades para todo o alumnado do centro.

O obxectivo destas propostas foi sensibilizar ao alumnado cara as diferenzas e potencialidades que todos e todas temos e dar a coñecer as múltiples capacidades existentes na nosa sociedade. 


Visionado de curtas adaptadas a cada etapa educativa

 


  


Tamén se realizou unha creación artística para os corredores do centro

E... como ven sendo habitual, as axudantes de biblioteca seleccionaron contos relacionados coa temática a conmemorar

Por último, en cada aula fixéronxe diferentes traballos  como os seguintes:

A DIS-CAPACIDADE  É A CAPACIDADE DE SER EXTRAORDINARIAMENTE CAPAZ

Un saudiño e ata a próxima viaxeiros...