Como cada ano compartimos con todas e todos vós as GUÍAS DE LECTURA,coas
últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola
Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que
formamos parte.
Este ano decidimos adicar estas guías ás cantareiras e a poesía popular oral debido a que a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día as Letras Galegas deste ano 2025.
Por iso, o texto implícito nelas é una adaptación da canción de Fuxan os ventos "O Estraperlo", facendo fincapé no legado das cantareiras, nos contos e por suposto, na nosa lingua nai...
Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías...
"Recomendaríache un conto
por se mo souberas ler-e
se llo das a ler a outro
valaivai o ben saber-e"
INFANTILPRIMARIASECUNDARIA
Ademais, deixamos a vosa disposición este fermoso CARTEL que inclúe suxestións para INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA E PERSOAS ADULTAS.
Esperamos que vos sirvan de axuda e que poidades gozar do pracer da lectura e da música en galego...
Este ano, dende o DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE programáronse unha serie de actividades para todo o alumnado do centro.
O obxectivo destas propostas foi sensibilizar ao alumnado cara as diferenzas e potencialidades que todos e todas temos e dar a coñecer as múltiples capacidades existentes na nosa sociedade.
Visionado de curtas adaptadas a cada etapa educativa
Tamén se realizou unha creación artística para os corredores do centro
E... como ven sendo habitual, as axudantes de biblioteca seleccionaron contos relacionados coa temática a conmemorar
Por último, en cada aula fixéronxe diferentes traballos como os seguintes:
A DIS-CAPACIDADE É ACAPACIDADE DE SER EXTRAORDINARIAMENTECAPAZ
Este
ano, como ben sendo habitual no noso centro, a nosa actividade de
sensibilización en torno o "Día Universal contra a Violencia de Xénero"
consistíu nunha actividade conxunta de todo o colexio, coa intención de
transmitir ao resto da cidadanía o rexeitamento a violencia e o dereito
ao bo trato.
Deste xeito, xa que o día non acompañou, dirixímonos o Auditorio de Cangas para amosar a nosa proposta musical deste ano. Alí,
cos outros centros participantes na actividade organizada polo CIM do
Concello de Cangas, presentamos a nosa BATUCADA... Nesta
ocasión, entre todo o alumnado do centro inventouse a letra dunha
canción baseada na melodía de "El patio de mi casa" de La Mare, titulada
"CONTOS EN CANTOS DE SEMPRE". Para iso, ao estilo La Mare, adaptamos catro contos clásicos e
puxémoslle a melodía das típicas cancións infantís de sempre:
1. Don Federico
2. Ao pasar a barca
3. Así bailaba - Cincenta
4. Son capitán dun barco inglés - A bela e a besta
5. O cocheriño leré - A bela durminte
6. Cinco lobiños
7. O patio da miña casa - Brancaneves e os sete ananiños
Tamén
no centro elaboramos un mural colectivo entre todo o
alumnado co título de "Contos en cantos de sempre", para facer
visible a nosa denuncia sobre a existencia deste grave problema, que
lonxe de minorarse, medra e adopta diversas formas de expresión.
Deste xeito cada aula personalizou o súa dobra de batucada, co título da canción e conto que lle tocou traballar e elexiu 4 palabras ou frases que lle gustaría destacar para este día...
O pasado 20 de novembro convertemos o cole nunha festa de pixamas: acto reivindicativo para que todo neno e nena poida gozar do DEREITO A MEDRAR EN FAMILIA, algo fundamental e que se recolle dentro dos dereitos da nena e do neno.
Deste xeito, quixemos colaborar coa Asociación Estatal de Acogimiento Familiar seguindo a súa marabillosa proposta de vir ó cole en pixama. O pixama constitúe un símbolo de intimidade familiar, un momento no que as persoas se senten protexidas, arroupadas e seguras.
Ademais de levar esta proposta ás aulas, as axudantes de biblioteca realizaron unha selección de contos sobre o Día Internacional de Infancia e sobre a diversidade familiar:
Este luns, coincidindo co San Martiño, celebramos a tradicional festa do magosto con moitos xogos, castañas, música e troula! Desta maneira, o refraneiro galego déixao claro: "Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto".
Para a posta en marcha dos xogos contamos coa participación e colaboración da Asociación Corredoiras e das familias voluntarias. Eles e elas explicáronlle a toda a rapazada os múltiples xogos populares que había polo pavillón e polo patio da escola.
Ademais dos xogos, o alumnado, cos seus particulares cucucuruchos, puido gozar das castañas asadas e bailar e festexar ó ritmo da música tradicional galega:
Viva o magosto, viva o folclore galego e viva a nosa comunidade educativa!
Mándovos unha agarimosa aperta e despídome ata outra,
Este ano o Samaín chegou a Espiñeira da man de FINA CASALDERREY e o seu conto "O MISTERIO DO FARO VELLO".
Para iso, o alumnado de E.I. e 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de E.P. puido desfrutar de 8 OBRADOIROS relacionados co conto de Fina Casalderrey, dirixidos pol@s mestr@s e dúas nais do alumnado e axudados polos nen@s de 6º de E.P.
Os OBRADOIROS para o alumnado foron os seguintes:
1. O TÚNEL DO TERROR: Dividido en 8 salas ambientadas nas distintas partes do conto.
SALA I: Decorada co Faro Vello e as bolas de luz misteriosas.
SALA II: Belial Viario, tirando "pedras" (pelotas de goma espuma).
SALA III: Ratos e outros animais espeluznantes con ladridos de cans de fondo.
SALA IV: Subida ao faro, onde o alumnado ten que pasar por unha escaleira de braquiación,
SALA V: Túnel escuro, con teas de araña onde o alumnado ten que pasar a gatas e "a cegas" e que remata cun salto na cama elástica.
SALA VI: Señora dos gatos perseguindo a Belial Viario e preguntado ó alumnado se alguén o viu.
SALA VII: O alumnado ten que pasar a sala por parellas montados en pelotas saltarinas de psicomotricidade.
SALA VIII: Colocamos os farolillos que fixeron no OBRADOIRO 8, simulando as luces brancas de Beiramar.
Podes ver como quedou o túnel, no seguinte vídeo:
2. O DESAFÍO CON MÁIS TERREXÍO: O alumnado puido desfrutar dunha experiencia que remexeu todos os seus sentidos, intentando adiviñar que era o que contía a caixa misteriosa...
Podes observar todo o que o alumnado tivo que adiviñar a través do seu sentido do tacto, no seguinte vídeo:
3. BRAILLE MISTERIOSO: O obxectivo deste obradoiro foi conseguir que todo o alumnado aprendera a escribir o seu nome en Braille nunhas tarxetas máis que terrroríficas e cuns obxectos moi noxentos.
4. TÁNDEM A CEGAS: Os nenos e nenas tiveron que amosar as súas cualidades intentando ir en tándem como fixo Lorena co seu amigo cego.
5. ORIENTACIÓN SEN VISIÓN: O alumnado cos ollos tapados tiña que ubicarse mediante as instrucións d@s compañeir@s e chegar a zonas onde tiñan que descubrir que eran diferentes obxectos mediante o tacto.
6. UNHA CIDADE A ESCURAS: Na aula con "luz negra" as nenas e nenos, tiveron que traballar o seu sentido da vista, debuxando con xize sobre unha cartolina negra unha cidade de Samaín e decorala con pinturas fluorescentes e animais misteriosos.
7. ATRAPAMEDOS: Ó igual que a señora dos gatos fixo os globos para espantar os demos de Beiramar, o alumnado construíu atrapamedos para axudar a salvar a cidade.
8. LUCES DE BEIRAMAR: O alumnado elaborou uns farolillos con follas de laurel dentro, como os que fixo a Señora dos gatos para espantar os demos de Beiramar,
Ademais, en cada uns dos obradoiros, cada grupo de alumnado tiña que ir pegando un gomet na súa CARTILLA DE NAVEGACIÓN DO SAMAÍN para poder completala o ir superando as distintas probas dos obradoiros.
E xa, para rematar este día tan máxico, puidemos desfrutar dunhas merendas terroríficas feitas por verdader@s cociñeir@s monstruos@s:
Nesta xornada de Samaín tamén puidemos desfrutar da visita do CCE SAN RAFAEL de Vigo que veu a amenizarnos cunha marabillosa representación en teatro de sombras dunha obra de Samaín inventada por eles mesmos, titulada "O BRAZO DE MIKE"
E... para rematar non podía faltar unha selección de contos en galego relacionados coa temática...