Como ben sabedes, cada ano o equipo de EDLG de O Morrazo elabora unhas guías de lectura e música coas últimas novidades e reedicións en galego.
12.12.20
RECOMENDACIÓNS LECTORAS E MUSICAIS EN GALEGO
10.12.20
25N: UNIDAS POLA IGUALDADE
24.11.20
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
Para conmemorar este día decidimos unirnos a unha iniciativa moi bonita impulsada pola "Asociación Estatal de Acogimiento Familiar". Dende a mesma, propoñían vir ó cole en pixama para reivindicar o dereito de cada neno e nena a crecer en familia, e iso foi o que fixemos:
Os cursos de Educación Infantil aproveitaron este dereito para traballar a diversidade familiar. Mirade que mural tan fermoso nos deixaron...!
Graciñas ás familias pola colaboración.
Ademais, os cursos de Educación Primaria elaboraron murais sobre os dereitos dos nenos e nenas e tamén tiveron tempo para visualizar algunhas pezas audiovisuais ("Lion", "Verano 1993") que sen dúbida lles fixeron reflexionar sobre a temática.
![]() |
Realizado polo alumnado de 1º de Primaria. |
Para rematar, compartimos unha selección bibliográfica que nós empregamos para saber e aprender máis, e que queremos compartir con vós.
Deica pronto navegantes!
Un cordial saúdo,
Espiñeiriña e o seu equipo.
29.10.20
UN SAMAÍN CHEO DE HISTORIAS
Hoxe celebramos o noso tradicional Samaín na Espiñeira e, como ben sendo de costume, nesta festividade non puideron faltar as historias relacionadas co medo.
Botando man da literatura, os cursos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria prepararon diferentes productos: audiovisuais, audiolibros, podcast...; que foron proxectados para todo o alumnado do cole dende as diferentes aulas.
- 3º Educación Primaria:
Libro ilustrado e redactado polo alumnado.
- 4º Educación Primaria:
PRESENTACIÓN DO LIBRO ILUSTRADO "Un océano de amor":
AUDIOLIBRO PARTE I
- 5º de Educación Primaria:
Amosáronnos un terrorífico audio-libro sobre O Papón que nos gustou moitísimo:
Tamén vos queríamos compartir algunhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS relacionadas coa temática de Samaín/Halloween e destinadas a diferentes tipos de lectores: principiantes, afeccionados/as e expertos/as.
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020
O pasado venres celebramos o Día das Bibliotecas dunha maneira novidosa para nós, xa que non nos puidemos xuntar todos e todas na nosa biblioteca. En cambio, si que nos unimos para celebrar o día da mesma maneira dende as diferentes aulas. Velaquí vos deixamos algunhas fotos da nosa celebración:
1.- Presentamos a nova normalidade:
2.- Entregamos carnés ós novos usuarios:
3.- Desfrutamos xogando a un particular bingo literario:
4.- Entregamos as mochilas viaxeiras:
Desfrutade do pracer da lectura.
Ata outra navegantes,
Espiñeiriña.