Páginas

19.5.25

SEI CANTAR, SEI BAILAR... SEI TOCAR A PANDEIRETA...

Este ano quixemos festexar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicando a semana do 12 ao 16 de maio, a desenvolver distintas actividades relacionadas con:
AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR 
personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes, estas catro das Pandereteiras de Mens (Malpica), co obxectivo principal de darlle pulo a nosa lingua e coñecer a nosa cultura.

Para iso, organizamos 6 OBRADOIROS  relacionados coa temática elexida para este ano. O alumnado en grupos mistos formados por alumnado

  • E.I. e 1º E.P.
  • 2º e 3º
  • 4º e 5º 

foi rotando polos 6 espazos nos que estaban organizados os obradoiros e os cales tiñan un CARTEL relacionado co que se ía realizar nel. 

         

 

Os OBRADOIROS foron os seguintes:

1.  CANTO E PERCUSIÓN (aula de psicomotricidade): Acompañamento musical con distintos instrumentos das cancións elexidas para a elaboración do noso CANCIONEIRO DAS LETRAS GALEGAS.
 


 

2. CURTAMETRAXE (biblioteca): O alumnado de 1º e 2º de E.P. baseándose no conto "Coas mans baleiras" de OQO desembarcou nesta fermosa historia para participar no concurso de curtas de animación en galego Nós tamén creamos!  Foi toda unha aventura na que tiveron que poñerse mans a obra, viaxando a través dos contos...

A misión de 1º e 2º de E.P. foi mudar a narración inicial deste conto, dando lugar a outra aventura na que Alba, nena do conto orixinal, convértese nunha anciá para lembrar os momentos da vida e cóntarllos á súa neta Carmela...

3. VEN BAILAR A MUIÑEIRA  (patio): A rapazada aprendeu a moverse polo espazo a ritmo de muiñeira cuns sinxelos pasos de baile.





4. AS CANTAREIRAS NAS LETRAS:  (aula 5º E.P.): Neste espazo coñecemos as cantareiras homenaxeadas este ano e fixemos traballos relacionados coa súa vida e historia. 





  

5. VEN TOCAR A PANDEIRETA:  (aula 5 anos): Obradoiro de pandeireta no que o alumnado coñecerá e intentará tocar tres ritmos básicos como a xota, o pasodobre e a muiñeira.

6. INSTRUMENTOS MIÚDOS:  (aula 4 anos): Visita do "Peix", músico da contorna, para amosarnos a súa coleción de instrumentos e ensinarnos como soa cada un deles.

 


Para facilitar a orde de rotación, cada responsable levaba unha cartilla de navegación c@s compoñentes de cada grupo e os espazos nos que se situaba cada obradoiro, que debía ir selando cun adhesivo o rematar a realización de cada un dos obradoiros.

 

Tamén, entre todo o alumnado do centro e ao longo da semana fomos elaborando unha CREACIÓN PLÁSTICA, a cal decora os corredores do noso centro. Aquí podedes ver o resultado final:

Doutra banda, e outro dos días da semana,  realizamos un OBRADOIRO, da man de Erica Iglesias Neira sobre AS MULLERES NA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA E OS INSTRUMENTOS MIÚDOS, unha actividade a través da voz feminina englobando todo tipo de instrumentos tradicionais de percusión miúda, que as mulleres do século XX utilizaban paras amenizar as festas ou comunicarse a través da música en ámbitos tan cotiás como o propio traballo, moitos de eles propiamente femininos. Nesta actividade a través da música cantada, tanto tradicional como popular, e instrumentos como a pandeireta, pandeira, pandeiro, sacho conn pedra, culleres, lata de pementón, castañola, tarrañola, botella de anís, prato con dedais... téntase explicar o alumnado a importancia que tiveron as mulleres no século pasado coa música.
Por último, tamén adicamos o último día da semana a facer unha pequena homenaxe ao noso Ghaiteiro do Piñeiro, que tantas veces de maneira desisteresada colaborou co noso centro, elaborando un CANCIONEIRO no cal pretendimos homenaxear a estas mulleres con distintas letras, en dúas das cales participou activamente este recoñecido músico de Aldán.

Non se nos ocorreu mellor maneira que organizando unha FOLIADA aberta na que non faltaran amigos e músicos da nosa contorna e na que convidamos a toda a Comunidade Educativa a participar nesta merecida homenaxe, xa que faleceu o pasado 9 de marzo aos 89 anos de idade. Cada ciclo representou unha das cancións que aparecen no cancioneiro.




Tamén elaboramos unha PANCARTA con fotos dos distintos momentos nos que o Ghaiterio do Piñeiro participau nas actividades do noso centro e que colocaremos na entrada do noso cole.

E cada nena e neno levou un imán para lembrarse desta data tan salientable no noso colexio... grazas o modelo que nos cedeu A fiestra da Mestra para que personalizaramos e fixeramos na nosa 
Impresora 3D.
Por último, como é habitual no noso centro predentamos unha selección de libros sobre a tematica e na que non podian faltatr as últimas novedades das Letras Galegas deste ano....
E ata aquí foi todo...         
UN SAUDIÑO  E A SEGUIR DÁNDOLLE PULO A NOSA LINGUA... 
PORQUE O GALEGO MOLA... E MOITO...

No hay comentarios:

Publicar un comentario