Páginas

8.5.25

A MOCIDADE ACTIVA POR UNHA LINGUA VIVA

Como ven sendo tradición,  todo o centro participamos no tradicional CORRELINGUA, este ano en Cangas, para poñer desta maneira un pequeno graniño en defensa da nosa lingua. Para iso, elaboramos unhas pancartas e unhas camisetas e coa nosa canción "Fálame en galego", saímos a rúa nunha marcha en prol da nosa lingua... 

Esta marcha pola lingua propia arrincou da zona da Praza de Abastos e chegou ata o aparcadoiro de Rodeira, pasando pola Casa da Cultura. Foi ao carón da praia onde se realizou a festa final.

O peche final correu a cargo de PACO NOGUEIRAS, que coa súa música puxo a bailar a toda a rapazada....


A nosa participación nesa festa ten como obxectivo a reivindicación do idioma galego alí onde é máis necesario e máis feble hoxe en día: NAS NENAS E NENOS... e porque non comezar polos de ESPIÑEIRA... 

PORQUE O GALEGO... MOLA...

No hay comentarios:

Publicar un comentario