Ola queridiño público lector!
Pois xa se vai achegando o día para finalizar un fermoso curso cheo de experiencias, aventuras, anécdotas, etc. En toda esta secuencia de palabras estivo presente no soamente o alumnado e o profesorado, tamén as familias.
Esta escoliña é un lugar onde non unicamente se aprenden contidos académicos senón que tamén se adquiren importantes pautas de relación social. Ademais, convértese nun fogar para toda a comunidade educativa da que forman parte as familias. Neste sentido, para que estas últimas se sintan cómodas e haxa un clima de comunicación e cooperación é imprescindible que se xeren espazos, momentos e vías de encontro.
Polo tanto, con esta finalidade, dende o curso pasado naceu por iniciativa dunhas familias a Biblioteca activa. Un espazo onde poder compartir actividades en boa compañía e desfrutar!
Se queredes saber que cousas fermosas aconteceron na biblioteca non tendes máis que lelo a continuación:
- Mércores 9 de outubro: Cóntanos o teu conto. Aquí compartiron e volvéronse a atopar cos seus libros favoritos e así formar parte dunha comunidade lectora.
- Mércores 13 de novembro: Creando historias. Desta volta xogaron coas imaxes e as ideas para facer medrar entre todas as familias as historias á súa medida e gusto.
- Mércores 11 de decembro: Pegadas, onde observaron e xogaron con elementos da natureza.
- Mércores 26 de febreiro: Debuxos para abrir. Neste crearon debuxos que medran e minguan segundo nos apeteza.
- Martes 25 de marzo: Obradoiro teatral para familias na cal xogaron, inventaron situacións divertidas, aceptaron os propios erros e, sobre todo, riron moito.
As últimas palabras voullas adicar á AFA e ao equipo de biblioteca activa que foi quen argallou todas as actividades, grazas Vida, Raquel, Dani e Marian.
Un saúdo,
Espiñeiriña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario