2.6.25

O CORAZÓN DA ESCOLA, A BIBLIOTECA

Boas tardes queridiñas e queridiños!

O pasado xoves 29 de maio remataron os recreos na biblio que tiveron lugar os martes e os xoves. O alumnado escollía acudir ao corazón da nosa escola, á biblioteca, ben sexa para ler, para relaxarse, para desfrutar cos xogos de mesa, etc. 

Este curso, as dúas mestras bibliotecarias estiveron acompañadas da rapazada axudante (voluntaria) de 4º e 5º de Educación Primaria que levou a cabo diferentes tarefas, como por exemplo:

- Organizar sesións de contacontos relacionados con algunha efeméride. Nestas fotos foi polo Día da Paz e da Non violencia escolar.




- Preparar actividades como obradoiros de pintacaras nunha das zonas do patio (no Arco da Vella). Cómpre dicir que non soamente desfrutaron as nenas e os nenos, tamén o profesorado.





- Colocar os libros nos andeis correspondentes e ordenar os xogos.




- Axudar á cativada na escolla dunha nova aventura literaria.

- Seleccionar as novidades e poñelas nos andeis ou mesmo seleccionar os libros para as efemérides.

- Reparar aqueles exemplares que están deteriorados.

- Dinamizar a biblioteca como un lugar para falar de diferentes aspectos como neste caso de xogadores de balonmán. 




Para o ano máis e mellor!
Espiñeiriña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario