O pasado martes 30 de abril, con motivo da celebración dos maios e a entrada do mes das flores, gozamos dunha xornada chea de cor, música e alegría...
Así locen os nosos MAIOS, grazas a colaboración da Asociación de veciñas e veciños de Aldán, a cal nos proporcionou as estruturas e nos axudou a decorar cada unha delas... Para a súa elaboración, o alumnado, por quendas, foi pasando polo patio cuberto para ir decorańdoas con xestas, fiúnchos, pampillos, violetas, margaridas, croques, ovos... aportadas polas familias, unha sinfín de cores que adornaron os nosos maios para que quedase así de fermosos...
Moitas grazas as familias por poder contar sempre con elas e a todo o alumnado, que dende os máis cativos ata os maiores, colaboraron con paciencia e dedicación cosendo cada unha das grilandas.
Ata a proxima aventura...
No hay comentarios:
Publicar un comentario