26.4.24

A ESCRITURA É A PINTURA DA VOZ DICÍA VOLTAIRE

Bos días querido público lector!

Como ben sabedes hoxe é o meu día favorito, o 23 de abril, unha data chea de maxia...

En 1957 Shakespeare publicaba Romeo e Julieta

BENVOLIO: ¿Enamorado?

ROMEO: Cansado.

BENVOLIO: ¿De amar?

ROMEO: De no ser correspondido por mi amada.


Anteriormente, en en 1605 Cervantes publicada Don Quijote de La Mancha, un clásico da literatura universal:

Hoy es el día más hermoso de nuestra vida, querido Sancho; los obstáculos más grandes, nuestras propias indecisiones; nuestro enemigo más fuerte, el miedo al poderoso y a nosotros mismos; la cosa más fácil, equivocarnos; la más destructiva, la mentira y el egoísmo; la peor derrota, el desaliento; los defectos más peligrosos, la soberbia y el rencor; las sensaciones más gratas, la buena conciencia, el esfuerzo para ser mejores sin ser perfectos, y sobre todo, la disposición para hacer el bien y combatir la injusticia donde quiera que estén.

A celebración deste fermoso día ten como propósito principal incentivar ás persoas a descubrir o pracer da lectura e respectar a inmensa contribución das escritoras e escritores á cultura e ao progreso social.

O día Internacional do Libro e do Dereito de Autor representa unha oportunidade única para recoñecer o impacto que os libros teñen na nosa vida e a importancia de protexer os dereitos de quen nos regala coas súas palabras o acceso a universos inimaxinbles.

Por iso, na biblioteca da nosa escoliña temos a chave máxica que abre a porta de incalculables mundos cheos de aventuras e diversión! O Equipo de Biblioteca organizou o I Cinema de Contos que consistía en 7 salas de Cine coas seguintes temáticas:



A continuación podedes ver o que desfrutou o alumnado! As nenas e nenos maiores lían os contos á cativada máis pequena. A proposta consistía en que cada parella co seu Pasaporte cinéfilo acudía ás diferentes salas e ao entrar a persoa adulta que estivera nese lugar dáballe unha entrada e iniciaban a súa viaxe polas historias. Ao rematar marcábaselles o pasaporte conforme estiveron nese sitio.





Esta é unha breve reportaxe da viaxe...


  





Ademais, en Educación Infantil pintaron unha rosa lembrando a Lenda de Sant Jordi, na que a sangue do dragón convértese en rosas vermellas. Seguindo esta tradición, as mulleres son agasalladas cunha rosa e os homes cun libro.


Así mesmo, en 1º de Educación Primaria a cativada trouxo o seu libro preferido, falaron do argumento e escolleron un extracto representativo para plasmar nunha folla. Tamén traballaron porqué se celebra o 23 de abril o Día do Libro e a Lenda de Sant Jordi. 

 
 

A maiores de todo o mencionado, nesta Semana do Libro fixemos un Mercadillo Solidario en beneficio á Protectora do Morrazo que consistía en cambiar alimentos, correas,... por libros. A verdade que foi todo un éxito!



Ata a próxima viaxeiras e viaxeiros!
Espiñeiriña.


4.4.24

SAÍDA AO BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN

Aproveitando a celebración do Día dos bosques, fixemos unha actividade de peche de trimestre no Bosque encantado de Aldán. Por ciclos fomos realizando unha rota por este espazo, identificando especies autóctonas e invasoras, pegadas antrópicas (muiños, lavadoiro, pintadas, lixo..), etc. Aprendemos que somos visitantes na natureza, e igual que na casa allea non chillamos, alborotamos nin emporcallamos, cando saímos ao medio natural debemos facer o mesmo. 
Ademais así decátamonos dos sons que normalmente afogamos co noso ruido: miñatos e merlos foron os primeiros en lanzarnos mensaxes sonoras, pero tamén soubemos apreciar o prácido murmullo das augas no seu discurrir irregular ao noso carón. O achádego dun cadáver recén depredado de rata campestre puso o momento CSI á saída, e poidemos deducir varias cousas ao redor deste misterioso asasinato: o rigor mortis e os restos aínda vermellos de sangue faláronnos do recente deceso, e a ausencia da cabeza deunos pista sobre os posibles sospeitosos, todos eles da banda dos mustélidos (sen quitar á xeneta, que non está emparentada con eles pero comparte similitudes no seu modus operandi).



 A chegada da primavera anunciábase no transcurso da nosa camiñata en forma de gromos novos das árbores e arbustos autóctonos, como o amieiro sustentador das beiras fluviais, o salgueiro ou o carballo, todos eles coa cortiza embelecida por un popurrí de liquens, musgos e algún fento. Non obstante, non poidemos deixar de observar a avarenta presenza das especies invasoras, que acaparan o espazo vital do solo para elas soas: a tradescantia alfombra practicamente todo o solo, competindo nalgúns puntos coas canas, o bambú e mesmo os tallos secos da tintureira, que advirten do seu próximo rexurdir este ano. 
Malia todo, a delicada presenza dalgunhas flores temperás, como o xeranio silvestre, a azul borraxe ou as pequenas flores dos amorodos silvestres destacaban como silenciosa resistencia ante o avance das invasoras.



Logo, xa que o alumnado de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria fixeron unha ruta máis cortiña, e o bo tempo acompañaba, aproveitamos para baixar un ratiño a xogar ao parque de Aldán.




Despois, volvemos ao bosque e sobre as 12:30, comezaron a chegar as familias para merendar todos xuntos, con tanto andar e xogar xa había fame!



Xa nas inmediacións do castelo, todos participamos na busca de pegadas dalgúns dos mamíferos máis relevantes da nosa fauna: o lobo, raposo, lontra, esquío... representados en rachas de madeira preparadas para a ocasión. Quen quixo tamén puido disfrutar das estacións de xogos que se organizaron para que o alumnado xogara libremente. Algunhas eran a petanca, o pano, a corda e o brilé. Foi un día inesquecible!

O agasallo dun día solleiro e o encontro coas familias neste espazo singular, puso o broche final a esta fermosa xornada.