Páginas

24.4.26

DÍA DA TERRA, DÍA DA NOSA RÍA

O 22 de abril a nosa escola cambiou as aulas polos mellores libros de textos posible: as nosas praias e as nosa ría! Convocados pola plataforma de Augas Limpas todo o alumnado do centro puxo o seu gran de area para protexer o patrimonio natural.

🎨 Exposición de cartaces reivindicativos na Alameda de Aldán!



🔍 Mans á obra nas praias de San Cibrán e Vilariño!

Divididos por equipos e armados con luvas e moita enerxía, percorrimos as praias e a desembocadura dos ríos cun obxectivo claro: limpar os nosos areais de lixo, plásticos e calquera residuo que ameazase a fauna e flora mariña. Sorprenderon a cantidade de pequenos plásticos atopados pola rapazada.




🙌 Unha gran cadea humana!

Como broche de ouro a este día tan especial, xuntámonos tres centros educativos veciños que compartimos o amor polo noso mar: o CPR Sagrada Familia, o CEIP O Hío e, por suposto, nós, o CEIP Plurilingüe da Espiñeira - Aldán.

O alumnado de 6º de Primaria de cada escola expuso un alegato en prol da concienciación medioambiental e polo respecto e coidado da nosa Ría.

Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) collémonos das mans para formar unha cadea humana ao longo da Praia de Vilariño




Agradecementos a Afundación e á Plataforma de Augas Limpas por fomentar a responsabilidade colectiva de coidar a nosa Terra e por contar con nós para colaborar neste propósito que tan presente temos! 🌍

Por un mundo mellor, despídese ata a próxima,

Espiñeiriña!


3.4.26

MARIÑEIR@S NO MORRAZO "XOSÉ SUÁREZ"

BOS DÍAS ARTISTAS!

Con motivo da conmemoración do 1 de abril"DÍA DAS ARTES GALEGAS"en Espiñeira quixemos facer unha homenaxe a fotografía do homenaxeado XOSÉ SUÁREZ, elaborando un mural para dar a coñecer a figura e o legado deste artista de Allariz.


Para iso, pedimos as familias a súa colaboración aportando fotografías coas súas crianzas en contornas mariñeiras (praia, porto, barcos...), acompañándoas dun título representativo en galego.




Con todas as fotos recibidas das familias, elaborouse unha montaxe e posterior exposición no corredor do colexio, onde toda a Comunidade Educativa pode desfrutar das marabillosas fotos aportadas polas familias nas contornas mariñeiras elexidas.

 

A elección do título  garda relación coa serie de fotografías "Mariñeiros" no Morrazo, que Xosé Suarez fixo en 1935 entre Bueu, Aldán e Rianxo.


                                                                UN SAÚDO E...

                                             ATA A PRÓXIMA VIAXEIR@S!!!